Ingredentes:

180g de fariña de castaña.
50g de fariña de trigo.
3 ovos.
1 iogur natural.
100ml de aceite (preferiblemente de oliva).
150g de azucre moreno.
1 sobre de levadura.

Preparación:
1. Mesturamos os ovos e o azucre batendo ben ata conseguir a textura desexada, engadindo de seguido o aceite e o iogur.
Peneiramos as fariñas e mesturámolas coa levadura.
2. Ímos engadindo pouco a pouco a mestura das fariñas e a levadura aos ovos e o azucre.
3. Mentres se quenta o forno, colocamos os moldes na bandexa e vertemos neles a masa, podemos axudarnos dunha manga pasteleira ou ben cunha culler, tendo en conta que debemos encher 2/3 do molde.
4. Botámoslle un chisco de azucre enriba de cada magdalena, e unha vez feito esto, metémolas ao forno (previamente quentado) e deixámolas sobre 10 minutos a 220º.

NOTA
Se queremos engadirlle algún aderezo ás magdalenas (pébidas de chocolate, brise de castaña previamente cocida…) debemos facelo antes de fornealas.